Ruben Grilo en el CGAC, de aniversario y mucho más…
Junio 13th, 2008
Venres 20 de xuño
20:00 h
Inauguración do proxecto SITUACIÓN, en el CGAC, Santiago de Compostela
Artistas:
Mónica Cabo
David Ferrando Giraut
Rubén Grilo
Enrique Lista
Carlos Rodríguez-Méndez
Rubén Santiago
Seis artistas galegos novos formularán a súa relación co contexto a través de producións especificamente pensadas para esta mostra. Estes proxectos supoñen unha aposta de risco pola produción nova e explorarán xeitos de usar o museo aínda non trillados, lúdicos y críticos, suscitando cuestións sobre o lugar que ocupan os centros de cultura actual nunha comunidade.


A festa de aniversario nunha fin de semana
Do 20 ao 22 de xuño, o CGAC celebrará publicamente o seu aniversario cunha serie de actividades especiais que coinciden coa presentación pública do proxecto SITUACIÓN. O programa de actividades, elaborado na súa parte musical coa colaboración do colectivo Sinsalaudio, é unha mostra de de diferentes medios e potencialidades que teñen cabida no centro. O carácter festivo e celebratorio é matizado pola calidade, pola intención de prospección no futuro e de apoio e difusión de certas propostas baseadas na experimentación cos varios públicos do museo. Esta vontade de atender a diversos tipos de públicos vén encaixar cunha intención relacional: promover un intercambio continuo, un diálogo entre o interese local e a vangarda internacional. A consecución dunha implicación leva consigo a madurez dunha comunidade. A celebración ten o sentido de apuntar cara a aquilo que ha de vir, sexa o que for; coma na canción de The Velvet Underground, All Tomorrow’s Parties (Todas as festas do mañá).
…buen provecho…

Esther Ferrer en acción. CGAC. Foto Joan Casellas.
óleo sobre tela de Gerhard Richter



